If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Bastiskate Festival en Oleiros

Mañá 12 de agosto, ás 16.30 h comeza o Bastiskate Festival cunha concentración de monopatín, concertos e graffiti O Concello de Oleiros colabora na organización dun concerto organizado pola mocidade oleirense e para a xente nova, coa intención de promover e dar a coñecer novos grupos musicais. Esta idea de crear o Bastiskate Festival naceu dun grupo de xente nova que quería dar saída ao movemento musical de Oleiros. Os grupos precisan oportunidades para actuar e por iso, mañá desde as 19.30 h poderemos escoitar diferentes estilos musicais en Bastiagueiro, nas inmediacións da pista de monopatín. Antes do concerto haberá tempo para gozar da exhibición de trucos de monopatín, onde os mellores recibirán diferentes premios. Así mesmo, haberá pola tarde unha demostración de graffiti de dous artistas e a través de varios paneis, tamén haberá espazo para as persoas que se queiran achegar. Os concertos comezarán ás 19.30 h con Porco Jones e continuarán ata a madrugada con The Rail Road Band, Up, 4 Rhesus Monkeys, Abur Gulundrú, Catro de Copas, Los Santos e SNT. Durante todo o festival haberá un posto con bebida e comida a prezos accesibles. Para a organización do evento colaboran tamén Gadis, Pure Surfing e na concentración de skate a Ascociación Coruñesa de Skaters. Fonte Concello de Oleiros

[+]info:
http://oleirosxoven.com

544 dias 12 horas 57 minutos 18 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.