O Concello de Oleiros abriu expediente a asociación cultural Negus por danos ao patrimonio municipal provocados polos carteis promocionais do Festival de música Reggea X Fundation celebrado o pasado fin de semana no municipio de Culleredo. Os carteis causaron danos irreparables en marquesiñas xa que foron pegadas con goma o que fai imposible a súa extracción sen raiar os vidros que serán substituídos por outros novos. O costo da reposición do material público será repercutido a esta asociación afincada no Burgo. Os danos son cuantiosos. Así mesmo, se está a realizar unha valoración sobre os danos ocasionados por esta mesma publicidade nos contenedores de lixo e demais mobiliario público. O Concello de Oleiros considera preocupante que unha asociación de carácter cultural se responsable de xerar unha degradación evidente do patrimonio público. Fonte concello de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com